sábado, 8 de junho de 2013

ABERTO DA REPÚBLICA



BILLARDA
Sábado 29 de Xuño as 12 H. na estasión vella do tren na Pontaghra en Ordes varios colectivos volven a orghanisar un ano máis a Festa da República Ghalegha. Este ano celebrase ó 82 aniversário da súa proclamasión. Entre os actos e actividades proghramadas para ese día está a do ABERTO da REPÚBLICA.
Preparade os paláns e afiade as billardas que vai ser un aberto bravo. Billardeiras e billardeiros de todolos curros do país van a competir por ghañar este III Aberto da República.
Xa sabes, antes de vir, fecha as ghaliñas por se che vai o raposo; prende o can non vaia a ser que morda a visiña; trae ao teu home, a túa muller e aos cativos. E non esquezas tamén de traer  a túa soghra, que mentres xoghas a billarda deixala na sesión vermute bailando un agharrado con alghún rapas novo da orghanisasión. O soghro que se agharre no bochinche a unha sidra do país. E se non que partisipen tamén no aberto.
O sitio é criminal. Unha antigha estación co riú ao lado. Non o penses máis  e trae a túa tortilla, empanada, rixóns… e xanta alí con nós.

Sem comentários:

Enviar um comentário